Publicación

Canal Seoane. Galicia é migrante. Entrevista con Rosario Sarmiento

Entre os meses de marzo e setembro de 2021, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada, un proxecto que buscaba reivindicar e recuperar a figura da ilustradora galega. Neste programa especial do podcast Galicia é migrante do Canal Seoane, Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, fala con Rosario Sarmiento, comisaria da mostra, acerca de diferentes aspectos da traxectoria e a biografía dunha artista descoñecida polo público e esquecida pola historia da arte ata este momento.