Publicación

Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres. Ciclo de conferencias. 7.02.23

A Fundación Luis Seoane únese ás celebracións do Ano Picasso cun ciclo de conferencias que afonda nos vínculos do pintor coas mulleres coas que conviviu. Dirixido pola crítica de arte, comisaria de exposicións e xestora cultural Rosario Sarmiento, Amantes, musas, modelos. Picasso e as súas mulleres fai un percorrido pola historia, moitas veces tumultuosa, dunha serie de relacións que, alén do ámbito privado, deixaron a súa pegada na obra do artista máis importante do século XX. Nesta primeira intervención, titulada Fernande Olivier, Eva Gouel, Gaby Depayre. Primeiras amantes/amores en Montmartre, Rosario Sarmiento céntrase nos anos iniciais do pintor en París.