• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Escritura gravada. Xilografías de Luis Seoane [esgotado]

2000 130 p. : il. col. e n. ; 23 x 28,5 cm. Texto en galego e español
Textos Fernando Cordero de Lastra, Rosa Espiñeira, Albino Fernández, Mª Elvira Fernández López, Matilde Marín

Dentro da obra gráfica de Luis Seoane, o gravado en madeira ou xilografía ocupa un lugar destacado tanto pola destreza acadada polo artista nesta disciplina como por constituír unha das súas técnicas favoritas polo seu carácter artesán e popular. A exposición Escritura gravada. Xilografías de Luis Seoane amosa obra dos álbumes como ¡Eh, los toros! de Rafael Alberti, Lonxe de Lorenzo Varela, Del diario poético de Miguel de Unamuno ou Llanto por Ignacio Sánchez Mejías, xunto a pezas destacadas como os retratos de autores como Kafka ou León Felipe. O catálogo inclúe imaxes das obras presentes na exposición xunto a unha serie de textos a cargo da viúva do artista, Mª Elvira Fernández López, a comisaria da exposición, Rosa Espiñeira, o pintor e gravador Albino Fernández, o galerista Fernando Cordero de Lastra e a artista Matilde Marín.

Compartir

Publicacións relacionadas

Colmeiro. Cor e sentimento
Luis Seoane. Teatro. La soldadera. El irlandés astrólogo
edición de Pablo García Martínez
Jorge Cabezas is Back!
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2023 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock