Publicación

Victoria Gil. Coser el río

2024 119 p., il. col. e n. ; 17 x 24 cm. Texto en español, inglés e galego. ISBN: 978-84-9852-783-4
Textos Victoria Gil, Bahia Mahmud Awah, Patricia Molins, Esther Regueira Mauriz, Mar Villaespesa

Entre marzo e setembro de 2024, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Victoria Gil. Coser el río, un percorrido pola obra da artista extremeña, pioneira da arte feminista no noso país, a través dunha serie de pezas realizadas en diferentes momentos da súa traxectoria, desde os seus comezos nos anos 80 ata a actualidade. O emprego da costura como linguaxe artístico, a súa participación en diferentes colectivos como GRATIS, o seu periodo neoiorquinio ou a análise que realiza acerca do traballo das mulleres e a súa posición histórica, política e social son algúns dos aspectos que se abordaron na mostra e que agora recolle o presente catálogo.

Victoria Gil. Coser el río é un proxecto organizado polo C3A Centro de Creación Contemporánea de Andalucía e CAAC Centro Andaluz de Arte Contemporáneo en colaboración coa Fundación Luis Seoane e o Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporáneo, e comisariado por Esther Regueira Mauriz, responsable tamén da edición deste libro.