Publicación

Tres mujeres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath y Cristina García Rodero

2022 193 p., il. n. ; 17 x 24 cm. Texto en español, asturiano, valenciano, galego e inglés
Textos Carlos Cuadros, MuVIM, Rosa Olivares, Inés Rey

Publicado con motivo da celebración da exposición Tres mujeres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath y Cristina García Rodero, o presente catálogo reune unha selección do traballo de tres destacadas fotógrafas: a norteamericana Eve Arnold, a austríaca-estadounidense Inge Morath e a española Cristina García Rodero. A selección levada a cabo por Rosa Olivares, comisaria da mostra, inclúe algunha das imaxes icónicas do século XX, polas que desfilan celebridades e personaxes anónimos que reflicten as transformacións estéticas, sociais e políticas de toda unha época, e no caso de Cristina García Rodero, os ritos, os costumes e tradicións de diferentes culturas.

Tres mujeres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath y Cristina García Rodero é unha produción do Centro Niemeyer en colaboración coa axencia Magnum e ContactoGrupo Europa Press, e conta co apoio do Instituto Asturiano de la Mujer, Fundación EDP, Ariexca e Universidade de Oviedo, Diputación de Valencia e Concello da Coruña.