Publicación

TAPAS I. Unha parte do todo

2021 [64] p. : il. col. ; 36 x 58 cm. Texto en galego, español e inglés. ISBN: 978-84-940115-9-7

TAPAS I. Unha parte do todo reúne preto de cen traballos editoriais incluídos na exposición do mesmo nome inaugurada na Fundación Luis Seoane durante o outono de 2021, unha proposta integrada na programación de FFoco – Festival de Fotografía da Coruña. Xunto ás imaxes das obras realizadas polo fotógrafo Jesús Madriñán, esta edición especial en formato tabloide recolle as descricións de coleccionistas e creadores de cada unha das pezas da mostra. TAPAS I. Unha parte do todo é unha publicación da Fundación Luis Seoane e a editorial Fabulatorio