• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos

2003 105 p. : il. col. e n. ; 21 x 27 cm. Textos en galego e español. ISBN: 84-607-7592-5
Textos Valeriano Bozal, Alberto Corazón, Xosé Díaz Arias de Castro, Isaac Díaz Pardo, José Antonio Durán, Daniel Giralt Miracle, Marina Mayoral, Antón Patiño, Enric Satué, Xavier Seoane.

O 9 de maio de 2003, a nova sede da Fundación Luis Seoane abría as súas portas por vez primeira cunha gran exposición da obra de Luis Seoane, que ocupaba a totalidade das salas da primeira planta do edificio, e que sacaba á luz unha ampla selección dos fondos da colección institucional. Xunto a ela, inaugurábase a mostra Seoane e a vangarda. Os seus mestres, os seus amigos, un ambicioso proxecto comisariado pola historiadora da arte e especialista en arte galega contemporánea María Luisa Sobrino Manzanares, concibido como unha homenaxe ao pintor, co que se contextualizaba o seu universo creativo a través dun conxunto de obras de artistas aos que admiraba, cuxo traballo o influira, ou cos que mantivera unha relación persoal. O catálogo inclue a memoria gráfica da exposición, na que están presentes obras de Henri Matisse, Joaquín Torres-García, Pablo Picasso, Fernand Léger, Manuel Ángeles Ortiz, Carlos Maside, Francisco Bores, Maruja Mallo e Óscar Domínguez, acompañada por unha serie de textos a cargo de destacados especialistas.

15,00 € Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Colmeiro. Cor e sentimento

2022

Luis Seoane. Teatro. La soldadera. El irlandés astrólogo
edición de Pablo García Martínez

2021

Jorge Cabezas is Back!

2021

Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso

2021

Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2025 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock