• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Sargadelos recuperado. O Laboratorio de Formas 40 anos despois

2008 118 p. : il. col. e n. ; 21 x 27 cm. Texto en galego
Textos Xosé Manuel Beiras Torrado, Camilo Díaz, Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Antón Patiño, Andrés Varela, Juan Ramón Vidal Romaní

Coa exposición Sargadelos recuperado, a Fundación Luis Seoane, en colaboración coa Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) celebraba o 40 aniversario da creación do Laboratorio de Formas por Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, unha iniciativa cultural desenvolvida na década dos 60 que aspiraba a recuperar a literatura, a arte e o deseño galegos previos ao estalido da Guerra Civil, e impulsar a modernización definitiva da cultura en Galicia. Partindo da unión dos conceptos de Arte e Industria, e tomando como referencia experiencias como a Bauhaus, o Laboratorio de Formas daría lugar á refundación da fábrica de cerámica de Sargadelos e á creación do Museo de Arte Contemporáneo Carlos Maside, do Instituto Galego de Información, das Ediciós do Castro, do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Seminario de Sargadelos. O catálogo, ao igual que a exposición, establece un percorrido pola historia do Laboratorio, contextualizándoo desde un punto de vista histórico, cultural e social a través dunha serie de textos que afondan nos aspectos máis importantes do proxecto.

€15,00 Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Jorge Cabezas is Back!
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada
Gabinete Voula Papaioannou
Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2023 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock