En xaneiro de 2023, a Fundación Luis Seoane acollía a exposición Ramón Vázquez Molezún. Paisajes, un proxecto promovido polo Concello da Coruña, o COAM e a Fundación Arquitectura COAM que repasaba a traxectoria persoal, artística e profesional do arquitecto coruñés con motivo da celebración do centenario do seu nacemento.
Publicado polo COAM, a Fundación Arquitectura COAM e Ediciones Asimétricas, o catálogo que acompaña á exposición do mesmo nome reproduce o material presente na mostra (planos, debuxos, fotografías, documentación diversa) para ofrecer unha visión completa acerca dun dos arquitectos máis destacados da segunda metade do século XX no noso país. Xunto ás imaxes, o volume inclúe unha serie de textos a cargo de diferentes especialistas que analizan e afondan na obra e na figura de Ramón Vázquez Molezún.