Publicación

Ramón Vázquez Molezún inédito. Obras y proyectos en A Coruña [esgotado]

2022 175 p., il. col. y n. ; 21 x 24 cm. Texto en español
Textos Raquel Álvarez Sánchez, Emilio Argiz, Francisco Dinis Díaz Gallego, Álvaro López González Mallo, Pablo Olalquiaga Bescós, Nuria Prieto, Antonio S. Río Vázquez, María Vázquez Martínez-Anido

A obra coruñesa do arquitecto Ramón Vázquez Molezún (A Coruña, 1922 – Madrid, 1993) protagonizou a programación da Semana da Arquitectura 2022, un evento organizado polo Concello da Coruña que conta coa colaboración da Escola Técnica Superior de Arquitectura e a Fundación Luis Seoane, responsable esta última da publicación deste volume.

Figura chave da arquitectura de posguerra xunto ao arquitecto madrileño Antonio Corrales, co que fundaría o estudo de arquitectura Corrales e Molezún, a traxectoria de Ramón Vázquez Molezún desenvolveuse ao longo de catro décadas por toda a xeografía española. O obxectivo de Raquel Álvarez Sánchez e Antonio S. Río Vázquez, responsables desta edición, é reivindicar e dar a coñecer a pegada do arquitecto coruñés no urbanismo da súa cidade natal a través dos seus proxectos máis significativos, xunto cunha selección daqueles que no chegaron a materializarse por diferentes motivos.