• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Pepe Galán. A volta dunha ausencia

2018 89 p. : il. col. ; 22 x 22,5 cm. Texto en galego
Textos Daniel López Abel

Durante a primavera de 2018, o patio da Fundación Luis Seoane acolleu a instalación Lume e ferro, a produción queimada do escultor Pepe Galán (A Coruña, 1955), unha peza pertencente ao proxecto A volta dunha ausencia co que o artista galego retomaba a súa actividade expositiva tras un tempo de reflexión e formación. Con esta intervención, Galán utilizaba o efecto simbólico do lume como metáfora da preocupación dos artistas visuais pola súa profesionalización e pola súa dignidade como creadores, conceptos expresados a través do emprego de elementos como o fume e o ferro, e pola confluencia de luz natural e artificial nun espazo expositivo dominado pola presenza do granito e do cristal. O catálogo, que conta cun texto de Daniel López Abel, recolle a a memoria gráfica da totalidade do proxecto, que se desenvolveu na Fundación Luis Seoane da Coruña e no Centro Torrente Ballester de Ferrol.

€20,00 Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Jorge Cabezas is Back!
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada
Gabinete Voula Papaioannou
Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2023 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock