
2023
124 p., il. col. e n. ; 16,5 x 23,5 cm. Texto en galego e inglés. ISBN: 978-84-124260-3-8
Autor
Ana Paes
Orixe ou cando a marea baixa é un traballo de Ana Paes (A Guarda, 1982) que reune momentos vividos ao longo de dous anos entre a artista e a súa familia e seres queridos. En 2021, esta obra obtén o I Premio Editorial de Fotografía Documental Galega co que FFoco Festival de Fotografía da Coruña busca fomentar a creación e produción de fotolibros en Galicia. O resultado é esta publicación, froito da colaboración entre a fotógrafa e o proxecto editorial Fabulatorio, un libro complexo que parte da intimidade familiar da autora para afondar nos mecanismos da memoria á hora de establecer os nosos recordos.
FFoco Festival de Fotografía da Coruña conta coa colaboración do Concello, a Deputación da Coruña e a Fundación Luis Seoane.