Publicación

Xulio García Rivas. Manancial de sombras

2023 97 p., il. col. y n. ; 29,5 x 10,3 cm. Texto en gallego y español
Autor Xulio García Rivas

Manancial de sombras forma parte dun proxecto que recolle a obra máis recente de Xulio García Rivas. Dun lado, a exposición que comparte título con esta publicación, na que se amosan vinte paisaxes abstractas de mediano e gran tamaño realizadas en tinta chinesa sobre óleo ou papel de arroz. Doutro, a edición limitada, numerada e asinada dun libro que reproduce estas paisaxes nunha escala totalmente diferente, para a que o artista realizou unha intervención da Fundación Luis Seoane cuxo resultado ilustra as tapas da publicación, convertendo cada volume nunha peza única. Os textos de Sara Donoso, comisaria da exposición, da artista, escritora e crítica de arte Anxeles Penas, e do poeta e ensaísta sobre creación literaria e artística Juan Antonio Martínez-Casanueva, analizan a obra do artista pontevedrés, a súa técnica, as súas influencias e o seu universo creativo.