Publicación

Luis Seoane. Visualidad, recuerdo y síntesis

2010 DVD. Edición en galego esgotada. Dispoñible en español
Textos José Manuel Mouriño

Con motivo da celebración do centenario do nacemento de Luis Seoane (Bos Aires, 1910-A Coruña, 1979), a Fundación Luis Seoane e a Sociedad Estatal de Conmemoracións Culturais (SECC) produxeron conxuntamente a realización dun documental sobre a obra e a vida do creador galego. Luis Seoane: visualidade, recordo e síntese formou parte da exposición retrospectiva que ao longo de tres meses amosou ao público a riqueza da colección institucional, unha homenaxe a un artista sen o que hoxe non se comprenderían a arte e a cultura en Galicia.