Publicación

Luis Seoane. Teatro. La soldadera. El irlandés astrólogo

2021 193 p., il. n. ; 15 x 21 cm. Texto en español
Autor edición de Pablo García Martínez
Colección Biblioteca del Exilio

Escritas durante o exilio na Arxentina, La soldadera y El irlandés astrólogo son as dúas únicas incursións de Luis Seoane no teatro. Só dous anos de intervalo separan a publicación na década dos cincuenta de ambas pezas, editadas na cidade de Bos Aires polos selos especializados Ariadna (1957) e Losange (1959) respectivamente. A editorial Renacimiento, en colaboración coa Fundación Luis Seoane, reúne por vez primeira nun único volume estas dúas obras dentro da colección Biblioteca del Exilio dirixida polo catedrático da UAB Manuel Aznar Soler, nunha edición a cargo do investigador Pablo García Martínez, especialista na figura do pintor galego e responsable entre outros proxectos da exposición Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar, que tivo lugar na Fundación Luis Seoane entre os meses de xaneiro e abril de 2021.