Publicación

Homenaje a la Torre de Hércules. 49 dibujos por Luis Seoane (1944-2004). Sesenta años de su publicación

2005 124 p. : il. n. ; 19 x 21 cm. Edición en gallego agotada. Disponible en español. ISBN: 84-609-3697-X
Textos Moisés Barcia, Rosa Espiñeira, Silvia Longueira, Jesús A. Sánchez García

En 1944, Luis Seoane edita o libro Homenaje a la Torre de Hércules, unha serie de 49 debuxos a tinta chinesa nos que amosa unha Galicia idealizada. Ese mesmo ano, o Institute of Graphic Arts de Nova York e a Pierpont Morgan Library selecciónano, xunto á Histoire Naturelle de Buffon ilustrada por Picasso, como un dos mellores libros da década comprendida entre 1935 e 1945. Con motivo da celebración do 60 aniversario da súa publicación, a Fundación Luis Seoane organiza unha exposición que amosa os debuxos orixinais e os contextualiza desde un punto de vista histórico. Paralelamente, publícanse dous catálogos en dúas edicións diferentes, unha en galego e outra en castelán, que inclúen unha serie de textos que amplían a información da mostra e unha breve selección de escritos de Luis Seoane.