Publicación

Günther Förg. Verfolgen Malerei [esgotado]

2015 157 p. : il. col. e n. ; 16,5 x 24,5 cm. Edición en galego/inglés. ISBN: 978-84-942699-4-3
Textos David Barro, Pablo Flórez

Publicado con motivo da exposición que a Fundación Luis Seoane dedicou entre os meses de outubro de 2011 e febreiro de 2012 á obra de Günther Förg, un dos artistas máis importantes da súa xeración e, sen dúbida, un dos nomes chave da arte europea contemporánea, o presente catálogo reúne a memoria gráfica da mostra e dous ensaios sobre o traballo do creador alemán a cargo do comisario da exposición, David Barro, e dun dos maiores especialistas na obra de Förg no noso país, Pablo Flórez.