• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Gabinete Voula Papaioannou

2020 197 p., il. n.; 13,5 x 22 cm. Texto en español e inglés
Textos Jorge Blasco Gallardo, Fani Konstatinou, Silvia Longueira Castro

Entre outubro de 2019 e setembro de 2020, a exposición Gabinete Voula Papaioannou amosou ao público por vez primeira no noso país a obra da fotógrafa grega Voula Papaioannou (Lamía, 1898-Atenas, 1990), grazas a unha coprodución entre a Fundación Luis Seoane da Coruña e La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona, en colaboración co Museo Benaki de Atenas.

Tras uns comezos que recollen o pasado clásico de Grecia a través dos seus restos arqueolóxicos, a autora documentará acontecementos chave da historia do seu país como a invasión alemana, a guerra civil e a posguerra. Adscrito inicialmente á fotografía humanitaria, o traballo de Voula Papaioannou trascende as normas deste movemento grazas á capacidade e á subtileza da fotógrafa para captar a atmósfera e as relacións dos protagonistas das súas imaxes coa súa contorna, características que seguirán estando presentes na súa obra a partir da década dos 50, un periodo no que a artista retratará a paisaxe da súa terra e e vida dos seus habitantes.

Responsable do arquivo e custodia da súa obra desde 1976, o Museo Benaki de Atenas cedeu para a mostra máis de 300 fotografías en branco e negro seleccionadas polo comisario da exposición tras un cuidadoso estudo das follas de contacto realizadas pola fotógrafa e as súas correspondentes copias, froito do labor de catalogación das arquiveiras do museo. O presente catálogo inclúe as imaxes do proxecto expositivo e tres ensaios, nunha coedición das tres institucións responsables da mostra.

€18,00 Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Tres mujeres Magnum: Eve Arnold, Inge Morath y Cristina García Rodero
Jorge Cabezas is Back!
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada
Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2023 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock