
Xunto coa exposición retrospectiva que lle dedicou a Fundación Luis Seoane en 2025, a monografía Fernando Blanco Guerra. Obras e proxectos forma parte dunha iniciativa que recolle a obra arquitectónica e plástica do arquitecto Fernando Blanco Guerra (O Carballiño, 1947) desde o seus comezos a mediados dos anos setenta ata a actualidade.
Editado polos arquitectos Luis Gil Pita e Ricardo Lampreave e publicado pola ETSAC e o COAG en colaboración coa Fundación Luis Seoane, o presente volume reune os seus traballos máis destacados e sinala diferentes aspectos da súa traxectoria como o seu interese polo constructivismo e outros movementos de vangarda, o seu coñecemento do territorio e os usos constructivos tradicionais galegos ou o seu labor como artista, entre outras cuestións.