Publicación

Diáspora: 10 artistas galegos no exilio latinoamericano

2005 221 p. : il. col. y n. ; 24,5 x 30 cm. Texto en gallego y español. ISBN: 84-609-5108-1 (FLS) ISBN: 84-934364-0-2 (MARCO)
Textos Carlos L. Bernárdez, Miguel Anxo Fernández.

Coproducida pola Fundación Luis Seoane e o MARCO Museo de Arte Contemporánea de Vigo en colaboración co CGAI Centro Galego das Artes da Imaxe, a exposición Diáspora: 10 artistas galegos no exilio latinoamericano estuda os efectos do exilio na produción artística de dez creadores galegos: Ángel Botello, Alfonso R. Castelao, Manuel Colmeiro, Isaac Díaz Pardo, Eugenio Granell, Maruja Mallo, Luis Seoane, Arturo Souto, José Suárez e Carlos Velo. O catálogo reproduce as obras presentes na mostra, e inclúe un amplo estudo sobre a diáspora e unha entrevista a Isaac Díaz Pardo a cargo do comisario do proxecto, o historiador Carlos López Bernárdez; un ensaio sobre o cine do exilio do investigador Miguel Anxo Fernández e unha selección de textos históricos.