• Exposicións
  • Actividades
  • Didáctica
  • Publicacións
  • Multimedia
  • A Fundación
  • Luis Seoane
  • AXENDA
  • Contacto
  • Boletín
  • Galego
  • Español
Publicación

Darío Basso. Pintura en presente continuo

2007 93 p. : il. n. ; 11 x 16 cm. + 1 DVD. Texto en galego, español e inglés
Autor David Barro
Colección Non dispoñible

En novembro de 2007, Darío Basso (Caracas, 1966) inauguraba na Fundación Luis Seoane unha instalación composta por 23 jaimas que envolvían o espazo do patio central do edificio, xunto con catro maquetas e un vídeo que amosaban a base do proxecto e o proceso pictórico da peza respectivamente. Baixo o nome de Algoritmi dixit:, Basso pretendía incidir nas correspondencias entre artes, ciencias e culturas de civilizacións dispares e antitéticas (Oriente e Occidente) ao longo da Historia. A presente publicación, pertencente á colección Non Dispoñible, recolle os aspectos máis destacados da proposta do artista galego e inclúe un estudo sobre a súa obra a cargo do crítico de arte David Barro.

€13,00 Mercar
Compartir

Publicacións relacionadas

Colmeiro. Cor e sentimento
Jorge Cabezas is Back!
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada
Boletín informativo
Reciba toda a información da Fundación Luis Seoane.

info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco 27, 15001 A Coruña - España
Copyright © 2018-2023 Fundación Luis Seoane Aviso legal Política de cookies Política de privacidade
Web por Windsock