Publicación

Colmeiro. Cor e sentimento

2022 366 p., il. col. e n. ; 17 x 23 cm. Texto en gallego, español e inglés
Textos Monica Alonso, Silvia Longueira

A exposición Colmeiro. Cor e sentimento concibiuse como un proxecto de investigación ao redor da importancia da cor na obra do artista galego Manuel Colmeiro (Chapa, Silleda, Pontevedra, 1901 – Salvaterra do Miño, Pontevedra, 1999) e dos temas que utilizou na súa obra como método de achegamento ao feito pictórico. A outra parte dese proxecto é esta publicación, un volume no que a artista Monica Alonso, comisaria da mostra, elabora un estudo polo miúdo da utilización e significado da cor na traxectoria de Colmeiro e dos aspectos más destacados do seu traballo: o binomio exterior-interior, o Fauvismo Galaico, os bodegóns e a breve incursión do pintor galego na abstracción, entre outras cuestións. Pola súa banda, Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, analiza a relación entre Seoane e Colmeiro, un aspecto que tamén recolle a exposición, a través do compromiso polìtico de ambos artistas e do seu interese común pola pintura mural. A publicación inclúe ademas as reproducións das preto de cen obras presentes na mostra, xunto con fotografías e documentación diversa.