Publicación

¡Che! Revolución y mercado

2007 162 p. : il. col. y n. ; 23 x 27 cm. Texto en español. ISBN: 978-84-7506-814-5
Textos Rodrigo Fresán, David Kunzle, Iván de la Nuez, Wally Olins, Trisha Ziff

Tomando como punto de partida o célebre retrato que Alberto Korda lle fixo a Ernesto Che Guevara en 1960, Che! Revolución y mercado elabora unha reflexión a xeito de ensaio crítico sobre unha das imaxes máis recoñecibles do noso tempo e a súa relación coa sociedade actual. A través das obras dunha serie de artistas contemporáneos como o británico Martin Parr ou o brasileiro Vik Muniz, e dunha selección de obxectos pertencentes á cultura de masas, a exposición amosa a evolución da fotografía de Korda desde o momento da súa creación ata a súa difusión, popularización e transformación en icona universal. O catálogo, editado por Turner e o Instituto de Cultura do Concello de Barcelona, reproduce as obras presentes na mostra e analiza a mediatización e globalización da imaxe do Che nun conxunto de ensaios encabezados pola comisaria do proxecto, a realizadora e especialista en fotografía contemporánea Trisha Ziff.