Publicación

Canción de Pedro Costa

2023 302 p. ; 15 x 23,8 cm. Texto en español
Autor Javier Codesal

Pedro Costa é un dos directores de cine actuais mellor considerados polos cinéfilos e pola crítica académica. Este libro ensaia unha lectura orgánica da súa obra despregando as repercusións da escena inicial da súa primeira longametraxe, La sangre (1990) ata a última, Vitalina Varela (2019). O autor tamén reflexiona acerca das implicacións da voz e o canto no traballo recente do realizador portugués, poñendo énfase na exposición Canción de Pedro Costa, celebrada en La Virreina Centre de la Imatge de Barcelona entre outubro de 2022 e abril de 2023, e na Fundación Luis Seoane da Coruña entre novembro de 2023 e marzo de 2024.