Publicación

Bo tempo

2020 124 p., il. col. ; 17 x 24 cm. Texto en galego
Autor Alberto Díaz
Colección Castelao

Publicado polo selo editorial Demo, Bo tempo adéntrase na figura do artista Reimundo Patiño a través da visión persoal do ilustrador e autor de banda deseñada Alberto Díaz (Madrid, 1972), quen conviviu durante a súa infancia en Madrid co artífice de O home que falaba vegliota, obra fundamental do cómic galego. A Fundación Luis Seoane, que colaborou na edición deste volume, contribue desta maneira á difusión do traballo dun creador esencial que coincidiu en varias ocasións con Luis Seoane, para o que realizaría en 1975 o limiar do álbum de gravados Insectario, por citar só un exemplo.