Publicación

Alberto Datas [1935-2007]

2009 205 p. : il. col. y n. ; 21 x 27 cm. Texto en gallego, español e inglés. ISBN: 978-84-96411-80-7
Textos Fernando Castro Flórez, Carlos Maciá, Xavier Seoane

A exposición na que se basea o presente catálogo, coproducida pola Fundación Luis Seoane e la Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) xestouse conxuntamente con Alberto Datas, co que a súa cidade natal pretendía saldar unha débeda prolongada quizais por demasiado tempo, un proxecto interrompido tristemente polo falecemento do pintor, que se transformou en homenaxe e recoñecemento á traxectoria dun dos artistas galegos máis relevantes da segunda metade do século XX. O volume reproduce as vintesete pinturas de gran formato e unha selección dos debuxos e gravados presentes na mostra, que reunía a obra máis recente do artista coruñés, e inclúe textos sobre a súa traxectoria e unha síntese biográfica.