Publicación

A. Tenreiro Brochón. Obra arquitectónica y pictórica reunidas [esgotado]

2023 176 p., il. col. y n. ; 21 x 24 cm. Texto en español
Textos Fernando Agrasar, José Ramón Alonso Pereira, Raquel Álvarez Sánchez, Isabel Durá Gúrpide, Luis Gil Pita, Liliana González-Solar, Carlos Pita, Antonio S. Río Vázquez, Pedro Vasco Conde

En 2023, a Semana da Arquitectura estivo dedicada á figura do pintor e arquitecto Antonio Tenreiro Brochón (A Coruña, 1923-2006) con motivo da celebración do centenario do seu nacemento. Fillo do célebre arquitecto coruñés Antonio Tenreiro, a súa pintura acadaría difusión internacional, protagonizando exposicións en diferentes países europeos e hispanoamericanos. Como arquitecto, foi responsable do deseño da Fábrica Begano a carón de Andrés Fernández-Albalat, do Instituto Laboral de Betanzos, así como de vivendas privadas e locais comerciais.

Tras as edicións dedicadas á obra de Andrés Fernández-Albalat e Ramón Vázquez Molezún, o Concello da Coruña, en colaboración coa ETSAC e a Fundación Luis Seoane, reúne nesta publicación fotografías, planos, debuxos, óleos e documentación diversa xunto a unha serie de textos a cargo de amigos, colaboradores e compañeiros de profesión co obxectivo de difundir e recuperar o traballo dun autor no que se integraban indistintamente pintura e arquitectura.