Publicación

Xesús! 70 anos de Campos. Exposición

A primeira retrospectiva en trinta anos sobre a obra do humorista gráfico Xesús Campos Álvarez, Chichi Campos, reúne na Fundación Luis Seoane maís de 300 pezas deste prolífico artista que retratou como ninguén un lugar e un tempo, a Galicia dos anos setenta e oitenta, de maneira intelixente e irreverente.

Fotografías, obxectos persoais, debuxos, cómics, revistas, libros de artista, deseños, guións e documentación diversa compoñen un proxecto comisariado por Nico Campos que recupera e reivindica a un autor que, malia súa desaparición prematura, deixou unha fonda pegada na cultura galega.