Publicación

Testemuñas no tempo. Episodio 2/3. América do Norte

Inspirándose nas emisións radiofónicas realizadas por Luis Seoane no exilio, o proxecto Testemuñas no tempo, dirixido por Alejandro Pan, ten como obxectivo documentar e disponer dun arquivo sonoro dos testemuños de emigrantes galegos durante o periodo de confinamento a consecuencia da pandemia do covid19.

O segundo episodio da serie ofrece as visións de galegos e galegas residentes en México, na costa oeste dos Estados Unidos e en Canadá. Contaremos coas intervencións de Juan Pedro, directorio dunha empresa de maquinaria na Cidade de México; María Soledad, avogada fiscalista en Los Ángeles; e Mónica, directiva dunha empresa de biocomponentes nos suburbios de Montreal. [Colaboracións musicais: Os Novos facebook.com/osnovosrnr, Jinetes del Trópico facebook.com/losjinetesdeltropico, Boyanka Kostova facebook.com/BoyankAKostovAtrvp ]