Inspirándose nas emisións radiofónicas realizadas por Luis Seoane no exilio, o proxecto Testemuñas no tempo, dirixido por Alejandro Pan, ten como obxectivo documentar e disponer dun arquivo sonoro dos testemuños de emigrantes galegos durante o periodo de confinamento a consecuencia da pandemia do covid19.
En cada episodio convidase a galegos que residen fóra das nosas fronteiras a falar desde o confinamento dos seus fogares das súas experiencias e reflexións desde unha perspectiva persoal, como observadores da realidade e da sociedade dos países nos que se estableceron.
O fenómeno da globalización, o desenvolvemento tecnolóxico, as crises sociais e humanitarias, os movementos migratorios e o cambio climático, así como os efectos producidos pola pandemia, teñen consecuencias nos hábitos da poboación, nas formas de traballo, nas sociedades e nos seus valores, e na súa percepción do futuro a curto e longo prazo. Testemuñas no tempo formula aos participantes unha serie de preguntas relacionadas con estes temas e outras cuestións da actualidade que arroxan diferentes perspectivas acerca do momento histórico presente.