Publicación

TAPAS I. Unha parte do todo

A confluencia entre arte e deseño editorial, xunto co carácter recomplilatorio que Luis Seoane conferiu ás publicacións Libro de tapas (1953), Segundo libro de tapas (1957) e Figurando recuerdos (1957) inspiran esta exposición, que reune 94 traballos editoriais realizados por 76 creadores nacionais e internacionais concibidos polos seus autores como pezas artísticas, nunha selección que inclúe obras dos galegos Rosendo Cid, Iván Nespereira, Jacobo Ameneiro e Xosé Lois Guitérrez. A evolución do formato facilita deste xeito a construción da mensaxe que se quere transmitir, reflectido nas descricións que galeristas, colecccionistas, artistas e particulares ofrecen dos seus libros, que se respectaron na mostra.