Publicación

Redes do país

Redes do país é o título dunha exposición baseada nos traballos desenvolvidos a través de Collaborative Village Play (villageplay.net), unha iniciativa levada a cabo pola artista alemana Antje Schiffers, co-fundadora do colectivo Myvillages, e a dramaturga e comisaria húngara Katalin Erdödi en tres localidades rurais europeas: Nagykaramás (Hungría), Bostelwiebeck (Alemania) e Porto do Son (Galicia). O comisario da mostra, Manuel Olveira, que participou na intervención en Porto do Son, de onde é oriundo, fálanos neste vídeo desta proposta que, ata o mes de setembro, reunirá na Fundación Luis Seoane da Coruña as obras e obxectos producidos nos tres proxectos.