Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 3
No terceiro episodio da segunda tempada de Galicia é migrante, Antón Lezcano entrevista a Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro, director do Instituto Argentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires, un centro que desde 1998 desenvolve un proxecto educativo bicultural na capital arxentina.
Creación e territorios II. Federico L. Silvestre. 27/10/21
As tensións ao redor da teoría da creación protagonizaron a conferencia Das divagacións aos vagabundeos. O papel do errabundeo na creación do territorio, unha intervención coa que o profesor da USC e especialista en estética da paisaxe Federico L. Silvestre abriu a nova tempada do ciclo Creación e territorios da Fundación Luis Seoane.
Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 2. Programa especial con Lucía Aldao
A poeta Lucía Aldao conduce o primeiro especial do podcast Galicia é migrante, do Canal Seoane. Emigración, xénero e identidade son os eixos a través dos que coñecemos os perfís de diferentes persoas migrantes, que moitas veces van alén dos significados destes termos.
Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 1
Antón Lezcano conduce o primeiro episodio da segunda edición de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, que nesta ocasión inclue unha entrevista co xornalista e escritor Xesús Fraga, na que o autor analiza a esfera emocional e outras cuestións relacionadas coa migración. Ademais, este novo episodio achegarase ao proxecto Laboratorio Reinicio, un formato de investigación desenvolvido pola Fundación Luis Seoane.
O Nunca Visto. Sabela Eiriz
A segunda entrega de O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega está protagonizada pola artista multidisciplinar Sabela Eiriz e o seu traballo A distancia é un estado mental, unha peza iniciada a comezos de 2014 que afonda na idea de distancia, do paso do tempo e da identidade persoal a través da fotografía, a escritura e os bosquexos en cadernos. Nesta entrevista, a creadora fala desta obra e doutras cuestións con Sara Donoso, coordinadora de O Nunca Visto.
O Nunca Visto. Monica Mura
Sara Donoso entrevista a Monica Mura para o ciclo O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega, unha iniciativa da Fundación Luis Seoane en colaboración con A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia, cuxo obxectivo é dar a coñecer proxectos artísticos que non se chegaron a realizar; unha oportunidade para afondar nos procesos que acompañan á creación axudando a construir o seu corpus formal e conceptual.
As mulheres transforman os museos. Un proxecto intercontinental Arxentina/Brasil/España. 2
A segunda entrega do proxecto As mulheres transforman os museos é unha vídeo carta elaborada por diferentes persoas que narran as circunstancias do seu proceso migratorio a través das lecturas de Fardel de Eisilado, o primeiro libro de poemas de Luis Seoane, publicado en 1952 en Bos Aires por edicións Ánxel Casal.
As mulheres transforman os museos. Un proxecto intercontinental Arxentina/Brasil/España
A través da Facultade de Educación da Universidade Complutense de Madrid, e baixo a dirección da catedrática Marián López Fernández Cao, a Fundación Luis Seoane participa neste proxecto de análise e reflexión sobre o papel da muller dentro da transformación dos espazos museísticos financiado polo Instituto de las Mujeres do Ministerio de Igualdad de España.
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Moscoso Cosmos: O universo visual de Victor Moscoso trae ao noso país unha ampla selección do traballo dun dos deseñadores gráficos máis orixinais e influíntes do século XX e é a maior exposición retrospectiva do autor ata hoxe.
Canal Seoane. Marcelo Expósito
Neste novo episodio de Canal Seoane, o artista e crítico cultural Marcelo Expósito, director do seminario de lecturas Liñas de fuga desenvolvido na Fundación Luis Seoane en xaneiro de 2021, conversa co historiador e crítico cinematográfico José Manuel Sande e coa directora da Fundación, Silvia Longueira.
Canal Seoane. Pablo García Martínez
Tras unha primeira tempada de catro episodios inspirada na emisión radiofónica Galicia Emigrante, Canal Seoane regresa co obxectivo de divulgar as liñas de traballo da Fundación Luis Seoane cunha nova entrega protagonizada polo investigador Pablo García Martínez, comisario da exposición Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar.
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada. Documental
Descoñecida para o público, a ilustradora Lolita Díaz Baliño (A Coruña 1905-1963) desenvolveu durante as décadas dos vinte e trinta do pasado século unha destacada traxectoria artística. Realizado con motivo da exposición do mesmo nome inaugurada na Fundación Luis Seoane en marzo de 2021, o fotógrafo Xurxo Lobato dirixe este documental no que diferentes profesionais, familiares e coñecidos ofrecen en primeira persoa a súa visión acerca da artista.
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada. Presentación
Desde o 25 de marzo ata o 19 de setembro de 2021, a Fundación Luis Seoane acollerá a exposición antolóxica Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada, un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento que reivindica a figura da ilustradora e docente Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905 – 1963).
Escóitasme? Unha exposición do Laboratorio Seoane
Escóitasme? Unha exposición do Laboratorio Seoane convida ao espectador a coñecer unha proposta que permitiu levar a programación didáctica da Fundación Luis Seoane alén dos límites do espazo museístico durante o período de confinamento.
Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar
Modernidades diverxentes é unha exposición que analiza a relación entre a obra de Luis Seoane e a revista de arte Ver y Estimar dirixida polo crítico Jorge Romero Brest.
Ciclo Creación e territorios. Zaida Muxí. 24/11/20
O papel e as aportacións das mulleres no desenvolvemento das cidades son algunhas das cuestións das cuestións que abordou Zaida Muxí, arquitecta e profesora de urbanismo na ETSAB durante a conferencia Mulleres nas cidades dentro do ciclo Creación e Territorios dirixido por Alberto Carton.
Canal Seoane. Episodio 4. Quico Cadaval
Canal Seoane é unha serie en formato podcast dirixida por Alejandro Pan inspirada en Galicia Emigrante, a célebre emisión de radio creada por Luis Seoane en 1954, na que se fusionan dúas propostas diferentes: Galicia é migrante e Testemuñas no tempo.
Canal Seoane. Episodio 3. Porco Bravú
Canal Seoane é unha serie en formato podcast dirixida por Alejandro Pan inspirada en Galicia Emigrante, a célebre emisión de radio creada por Luis Seoane en 1954, na que se fusionan dúas propostas diferentes: Galicia é migrante e Testemuñas no tempo.
Canal Seoane. Episodio 2. Antón Lezcano
Canal Seoane é unha serie en formato podcast dirixida por Alejandro Pan inspirada en Galicia Emigrante, a célebre emisión de radio creada por Luis Seoane en 1954, na que se fusionan dúas propostas diferentes: Galicia é migrante e Testemuñas no tempo.
Canal Seoane. Episodio 1. Lino Braxe
Canal Seoane é unha serie en formato podcast dirixida por Alejandro Pan inspirada en Galicia Emigrante, a célebre emisión de radio creada por Luis Seoane en 1954, na que se fusionan dúas propostas diferentes: Galicia é migrante y Testemuñas no tempo.