O Nunca Visto. Sabela Eiriz
A segunda entrega de O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega está protagonizada pola artista multidisciplinar Sabela Eiriz e o seu traballo A distancia é un estado mental, unha peza iniciada a comezos de 2014 que afonda na idea de distancia, do paso do tempo e da identidade persoal a través da fotografía, a escritura e os bosquexos en cadernos. Nesta entrevista, a creadora fala desta obra e doutras cuestións con Sara Donoso, coordinadora de O Nunca Visto.
O Nunca Visto. Monica Mura
Sara Donoso entrevista a Monica Mura para o ciclo O Nunca Visto. O patrimonio oculto da arte contemporánea galega, unha iniciativa da Fundación Luis Seoane en colaboración con A Colectiva. Asociación Profesional de Artistas de Galicia, cuxo obxectivo é dar a coñecer proxectos artísticos que non se chegaron a realizar; unha oportunidade para afondar nos procesos que acompañan á creación axudando a construir o seu corpus formal e conceptual.
Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso
Moscoso Cosmos: O universo visual de Victor Moscoso trae ao noso país unha ampla selección do traballo dun dos deseñadores gráficos máis orixinais e influíntes do século XX e é a maior exposición retrospectiva do autor ata hoxe.
Canal Seoane. Pablo García Martínez
Tras unha primeira tempada de catro episodios inspirada na emisión radiofónica Galicia Emigrante, Canal Seoane regresa co obxectivo de divulgar as liñas de traballo da Fundación Luis Seoane cunha nova entrega protagonizada polo investigador Pablo García Martínez, comisario da exposición Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar.
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada. Documental
Descoñecida para o público, a ilustradora Lolita Díaz Baliño (A Coruña 1905-1963) desenvolveu durante as décadas dos vinte e trinta do pasado século unha destacada traxectoria artística. Realizado con motivo da exposición do mesmo nome inaugurada na Fundación Luis Seoane en marzo de 2021, o fotógrafo Xurxo Lobato dirixe este documental no que diferentes profesionais, familiares e coñecidos ofrecen en primeira persoa a súa visión acerca da artista.
Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada. Presentación
Desde o 25 de marzo ata o 19 de setembro de 2021, a Fundación Luis Seoane acollerá a exposición antolóxica Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada, un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento que reivindica a figura da ilustradora e docente Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905 – 1963).
Escóitasme? Unha exposición do Laboratorio Seoane
Escóitasme? Unha exposición do Laboratorio Seoane convida ao espectador a coñecer unha proposta que permitiu levar a programación didáctica da Fundación Luis Seoane alén dos límites do espazo museístico durante o período de confinamento.
Modernidades Diverxentes. Seoane, Ver y Estimar
Modernidades diverxentes é unha exposición que analiza a relación entre a obra de Luis Seoane e a revista de arte Ver y Estimar dirixida polo crítico Jorge Romero Brest.

Javier Codesal. El Ogro
Entre xullo e setembro de 2019, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Javier Codesal. El Ogro. Neste arquivo de audio, a comisaria de exposicións Sonia Fernández Pan entrevista a Javier Codesal con movito da celebración da exposición.