Ciclo Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida. Kristine Guzmán. 20/10/22

‘Ante a emerxencia. Programación viral de resposta rápida’ é un ciclo de presentacións y debates que se centra nos proxectos desenvolvidos polo MUSAC de León, o Museo CA2M de Madrid e a Fundación Luis Seoane da Coruña durante o período de confinamento establecido polas autoridades en 2020 ao comezo da pandemia da COVID-19.

Canal Seoane. Galicia é migrante. Entrevista con Rosario Sarmiento

Neste programa especial do podcast Galicia é migrante do Canal Seoane, Silvia Longueira, directora da Fundación Luis Seoane, fala con Rosario Sarmiento, comisaria da exposición Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada, acerca de diferentes aspectos da traxectoria e a biografía da artista galega.

Canal Seoane. Galicia é migrante. Episodio 7

Neste novo episodio de Galicia é migrante, Antón Lezcano entrevista a Oliver Laxe, director e guionista do filme O que arde, premio do xurado na sección Un certain regard do festival de Cannes en 2019.

Ciclo Creación e Territorios. Carmen Pena. 9/03/22

Na súa conferencia A invención daquel estilo galego de vangarda, a catedrática de Teoría e Historia da Arte Contemporánea Carmen Pena analiza como as primeiras vangardas do século XX construíron un ideario sobre a identidade da arte que marcaría as súas creacións artísticas.

Ciclo Creación e Territorios II. Luz Paz Agras. 6/04/22

A arquitecta Luz Paz Agras analiza o xurdimento dunha serie de iniciativas culturais na Europa da posguerra que sentarán as bases da cultura contemporánea, e afondarán nos procesos de interacción entre Arte e Arquitectura.

Ciclo Creación e Territorios II. Juan Guardiola. 16/02/22

En Territorios sostibles, Juan Guardiola fala da transformación das relacións entre arte e natureza a partir da aparición a mediados da década dos setenta de movementos artísticos como o Land Art, e de como a cuestión ecolóxica e conceptos como a ruralidade se converteron en obxecto de análise dentro das prácticas culturais contemporáneas.

Ciclo Creación e Territorios II. Carma Casulá. 26/01/22

A artista visual e fotógrafa free-lance Carma Casulá analiza nesta conferencia a capacidade da fotografía de paisaxe como medio para experimentar, entender e representar a nosa contorna, grazas ao seu potencial para transmitir emocións e o seu impacto na concepción social do territorio, así como para chamar a atención sobre cuestións relacionadas coa ecoloxía.

Ciclo Creación e Territorios II. José Daniel Buján Núñez. 26/11/21

A importancia que a práctica do gravado en madeira ou xilografía tivo na obra de Luis Seoane, así como na difusión desta técnica a partir do século XIX en Galicia é o eixo da conferencia Seoane, Galicia e a xilografía: unha opción estética do escritor e xestor cultural José Daniel Buján Núñez.

Ciclo Creación e Territorios. Chiara Sgaramella. 5/02/21

Chiara Sgaramella examina nesta conferencia o potencial da arte contemporánea para introducir novas percepcións e experiencias do concepto de tempo.

Ciclo Creación e Territorios. Federico L. Silvestre. 9/04/21

A relación de artistas, poetas e arquitectos coa paisaxe na Francia do segundo cuarto do século XX é o tema central da conferencia Nun lugar estraño impartida polo profesor da USC e especialista en estética da paisaxe Federico L. Silvestre.

Ciclo Creación e Territorios. María Antonia Pérez. 15/12/20

A utilización que Luis Seoane fixo das características identitarias de Galicia para construír unha linguaxe artística propia e dotar de contido á súa obra é unha das cuestións das que fala María Antonia Pérez nesta intervención.

Ciclo Creación e Territorios. Fran Quiroga, Lara Dopazo Ruibal, Daniela Ferrández. 3/12/20

A superación das clasificacións binarias home – muller, cultura -natureza ou salvaxe -doméstico, así como a compresión do funcionamento das estruturas do propio pensamento son algunhas das cuestións abordadas polos investigadores Fran Quiroga, Lara Dopazo e Daniela Fernández nesta sesión do ciclo Creación e Territorios da Fundación Luis Seoane.

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 6

Na nova entrega de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, Antón Lezcano entrevista a Masha Pavlenko, da recentemente creada AGA-Ucraína, primeira asociación galega para a axuda aos refuxiados da guerra en Ucraína.

Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo. Xosé Manoel Núñez Seixas [arquivo de audio]

A segunda sesión do Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo contou coa presenza do historiador Xose Manoel Núñez Seixas. Na súa conversa ‘A nación, suxeito adaptativo’, recollida neste arquivo de audio, o autor céntrase no concepto de soberanía co obxectivo de analizar se é posible falar dun tránsito entre a idea de hard sovereignty e unha soberanía blanda, en tanto hai unha perda do seu dominio e alcance.

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 5

O quinto episodio da segunda tempada de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane, ábrese coa entrevista que Antón Lezcano lle fai a Antonio Botana, chef do Grupo Nove, que afonda na fusión entre a cultura gastronómica galega e a mexicana.

Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo. Ramón Grosfoguel

O Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo inicia a primeira das sesións públicas cun dos grandes pensadores da teoría decolonial: o profesor da Universidade de Berkeley Ramón Grosfoguel.

Colmeiro. Cor e sentimento

Colmeiro. Cor e sentimento é un proxecto da Fundación Luis Seoane comisariado pola artista Mónica Alonso que analiza a importancia da cor na obra do pintor galego a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

TAPAS I. Unha parte do todo

A confluencia entre arte e deseño editorial, xunto co carácter recomplilatorio que Luis Seoane conferiu ás publicacións Libro de tapas (1953), Segundo libro de tapas (1957) e Figurando recuerdos (1957) inspiran esta exposición, que reune 94 traballos editoriais realizados por 76 creadores nacionais e internacionais.

Canal Seoane. Galicia é migrante II. Episodio 4

Antón Lezcano entrevista a Mª Teresa García Domínguez, técnica de xestión documental no Arquivo da Emigración Galega ao comezo do cuarto episodio da segunda tempada de Galicia é migrante, o podcast do Canal Seoane.

O Nunca Visto. Enrique Lista

Enrique Lista presenta Sísifo 3.0, un proxecto inacabado inspirado no célebre personaxe da mitoloxía clásica. Nesta peza, o artista aparece subindo unhas escaleiras e deslizándose polo pasamans para baixalas, nun proceso que se repite unha e outra vez ante os ollos do espectador. A obra forma parte dunha serie de ideas que Lista denomina ‘absurdos varios’, relacionadas coas capacidades do corpo humán nas que subxace unha certa ironía polas súas llimitacións. Durante a terceira sesión de O Nunca Visto, o autor fala tamén de varios dos seus proxectos e de traballos inacabados doutros creadores en compañía de Sara Donoso, coordinadora do ciclo.