Nesta conferencia celebrada no auditorio da Fundación Luis Seoane no mes de outubro de 2024, a restauradora Reyes Jiménez de Garnica realiza un percorrido pola traxectoria do novo Picasso a través da tecnoloxía, desde os seus primeiros pasos como artista na Coruña ata a súa chegada a Barcelona, deténdose en momentos chave como a súa época azul.
Licenciada en Belas Artes e graduada en Conservación e Restauración de Bens Culturais, Reyes Jiménez de Garnica formou parte do equipo do Museu d’Art de Catalunya antes de incorporarse ao Museu Picasso de Barcelona, onde foi responsable do departamento de restauración e conservación preventiva entre os anos 2002 e 2024. Durante este tempo, desenvolveu programas científicos de estudo e caracterización de materiais, os procesos creativos e os materiais constitutivos da obra de Picasso.
Autora de diversos artigos en catálogos de exposicións sobre a figura de Pablo Picasso e outras publicacións científicas sobre a conservación da súa obra, comisariou as exposicións Picasso. Projecte Blau (Museu Picasso de Barcelona), El joven Picasso: estudios técnicos (Museo Picasso en Buitrago del Lozoya, Madrid) e Picasso. The blue Project and beyond (Pola Museum of Art, Hakone, Japón).
En Francia colaborou co Musée National Picasso de Paris, a exposición Picasso Chefs d’oeuvre (2018) e no Musée d’Orsay, Picasso: Bleu et rose (2018), así como cos cursos do doutorado Picasso.
Imaxes: © Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2025