Moscoso Cosmos: O universo visual de Victor Moscoso trae ao noso país unha ampla selección do traballo dun dos deseñadores gráficos máis orixinais e influíntes do século XX e é a maior exposición retrospectiva do autor ata hoxe. Comisariada por David Carballa, a presente mostra reúne a célebre serie de carteis de rock psicodélico realizados en apenas oito meses durante os anos 1966 e 1967 e catorce números da revista underground Zap Comix, editada ao longo de corenta anos con artistas como Robert Crumb ou Rick Griffin. Xunto a estes dous eixos, inclúese outra selección de carteis, cubertas de discos, cómics, ilustracións para libros e revistas, animacións e fotografías biográficas que completan un percorrido marcado por imaxes icónicas da segunda metade do século XX.
Publicación