O 14 de abril de 2021, a Fundación Luis Seoane inauguraba a exposición Moscoso Cosmos. O universo visual de Victor Moscoso, a maior exposición realizada sobre a obra do artista galego, pioneiro da gráfica psicodélica e un dos deseñadores máis orixinais e influíntes do século XX. Un día antes, Victor Moscoso atendía en streaming aos medios de comunicación reunidos na Fundación desde os Estados Unidos, e facía un repaso pola súa biografía e a súa traxectoria profesional, un documento dispoñible agora a través da nosa web.
Publicación