Desde o 25 de marzo ata o 19 de setembro de 2021, a Fundación Luis Seoane acollerá a exposición antolóxica Lolita Díaz Baliño. A realidade soñada, un proxecto comisariado pola crítica de arte e xestora cultural Rosario Sarmiento que reivindica a figura da ilustradora e docente Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1905 – 1963). Augadas, debuxos, collages, ilustracións en revistas, obxectos e documentación diversa procedentes de coleccións particulares e de institucións públicas ofrecerán un percorrido pola traxectoria desta artista, inxustamente esquecida pola historia da arte en Galicia.
Publicación