Descoñecida para o público, a ilustradora Lolita Díaz Baliño (A Coruña 1905-1963) desenvolveu durante as décadas dos vinte e trinta do pasado século unha destacada traxectoria artística na que é posible trazar a influencia de movementos como o modernismo e o Art Déco ou de artistas como o británico Aubrey Beardsley. Inxustamente esquecida pola historia da arte, a súa figura exemplifica as dificultades ás que se tiñan que enfrontar na súa época as mulleres que aspiraban a desenvolver unha profesión creativa. Realizado con motivo da exposición do mesmo nome inaugurada na Fundación Luis Seoane en marzo de 2021, o fotógrafo Xurxo Lobato dirixe este documental no que diferentes profesionais, familiares e coñecidos ofrecen en primeira persoa a súa visión acerca da artista.
Publicación