Publicación

Laboratorio Expedición III. María Sánchez

Terceira e última entrega de Laboratorio Expedición, o espazo de debate da Fundación Luis Seoane en formato audiovisual que, desde mediados do mes de abril, convida a unha serie de investigadores, docentes e axentes culturais a establecer un diálogo ao redor das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.

María Sánchez Córdoba é veterinaria. Traballa con razas autóctonas en perigo de extinción, e reivindica o papel das mulleres no ámbito rural. É colaboradora habitual en medios dixitais e impresos, nos que afonda en cuestións relacionadas coa literatura, o feminismo, a gandería extensiva e a cultura en relación co medio rural. Coordinadora dos proxectos Las entrañas del texto e Almáciga, en 2017 publicou Cuaderno de campo (La Bella Varsovia, 2017), e no 2019, Tierra de Mujeres (Seix Barral, 2019).