A segunda entrega de Laboratorio Expedición, o espazo audiovisual de debate da Fundación Luis Seoane ao redor da cultura contemporánea, consta de catro novas intervencións nas que unha vez máis convidouse a unha serie artistas e axentes culturais a establecer un diálogo acerca de cuestións relativas ao tempo, a memoria, a viaxe ou o coñecemento.
Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, a práctica artística de María Castellanos Vicente está vinculada á idea de cyborg e á amplificación corporal. Participou en proxectos como Ars Electronica en DRIVE Volskwagen, Berlín ou no Look Forward Fashion Tech Festival na Gaîté Lyrique, París. No eido educativo, a artista desenvolve un proxecto de innovación didáctico no centro LABoral de Xixón, a través do que se proporciona aos docentes metodoloxías de traballo para programas de arte-ciencia e tecnoloxía.