Publicación

Laboratorio Expedición II. Claudio Zulian

A segunda entrega de Laboratorio Expedición, o espazo audiovisual de debate da Fundación Luis Seoane ao redor da cultura contemporánea, consta de catro novas intervencións nas que unha vez máis convidouse a unha serie artistas e axentes culturais a establecer un diálogo acerca de cuestións relativas ao tempo, a memoria, a viaxe ou o coñecemento.

O artista, director de cine, escritor e músico Claudio Zulián é doutor en Estética, Ciencia e Tecnoloxía das Artes pola Universidade Paris Saint-Denis. Entre os seus traballos destacan as instalacións Escenas del Raval, realizada no CCCB en 1998; a instalación fotográfica Visiones del Carmel (2003) ou a videoinstalación L’avenir (2004), da que xurdíría un documental premiado a nivel internacional. En 2006 obtén o Premi Ciutat de Barcelona1 e o Premi Nacional de Cinema de Catalunya co documental A través del Carmel. No 2013, a súa obra será obxecto dunha retrospectiva no Jeu de Paume de París.