Publicación

Laboratorio Expedición II. Carolina Núñez Roca

A segunda entrega de Laboratorio Expedición, o espazo audiovisual de debate da Fundación Luis Seoane ao redor da cultura contemporánea, consta de catro novas intervencións nas que unha vez máis convidouse a unha serie artistas e axentes culturais a establecer un diálogo acerca de cuestións relativas ao tempo, a memoria, a viaxe ou o coñecemento.

Graduada en Deseño Gráfico pola Escola Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña e polo Kensington & Chelsea College de Londres, Carolina Núñez Roca é fundadora, editora xefe e directora creativa de Brit Es, unha publicación online fundada en 2013 que recolle a vida cultural española no Reino Unido. Desde 2016, a edición impresa de Brit Es está presente en librerías, museos, galerías e centros de arte.