Publicación

Laboratorio Expedición I. Silvia Domènech

O tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento protagonizan a primeira edición de Laboratorio Expedición. Conversas na rede da Fundación Luis Seoane, un formato audiovisual dividido en cinco capítulos nos que se establecerá un diálogo cunha serie de docentes, investigadores e colectivos co obxectivo de crear un espazo de debate acerca das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.

Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade Central de Barcelona, Silvia Domènech desenvolve desde 1989 a súa actividade no eido da xestión do patrimonio documental. Entre 1997 e 2008, foi directora de o Arquivo Fotográfico de Barcelona. Na actualidade, é Xefa do Centro de Coñecemento e Investigación do Museo Picasso de Barcelona.