Publicación

Laboratorio Expedición I. Patio de Butacas

O tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento protagonizan a primeira edición de Laboratorio Expedición. Conversas na rede da Fundación Luis Seoane, un formato audiovisual dividido en cinco capítulos nos que se establecerá un diálogo cunha serie de docentes, investigadores e colectivos co obxectivo de crear un espazo de debate acerca das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.

Con sede no Cine Adriano da localidade de Barallobre, Galicia, a actividade do colectivo Patio de Butacas céntrase na democratización da cultura, a recuperación da memoria do propio edificio e o desenvolvemento local, continuando co labor que o indiano Antonio Fernández, impulsor da construción do inmoble, proxectou para este espazo como punto de encontro da comunidade.