O tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento protagonizan a primeira edición de Laboratorio Expedición. Conversas na rede da Fundación Luis Seoane, un formato audiovisual dividido en cinco capítulos nos que se establecerá un diálogo cunha serie de docentes, investigadores e colectivos co obxectivo de crear un espazo de debate acerca das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.
Doutora en Coñecemento Curatorial pola Goldsmiths University of London, as liñas de traballo da investigadora e productora cultural María Bella céntranse na crítica institucional, as prácticas artísticas experimentais e a arte como ferramenta de empoderamento e transformación. Desde a localidade de Corcubión, na que reside, colabora coa plataforma Unha Burla Negra, contribuíndo á difusión da creatividade popular e á memoria da catástrofe do Prestige.