Publicación

Laboratorio Expedición I. José María Mesías Lema

O tempo, a memoria, a viaxe e o coñecemento protagonizan a primeira edición de Laboratorio Expedición. Conversas na rede da Fundación Luis Seoane, un formato audiovisual dividido en cinco capítulos nos que se establecerá un diálogo cunha serie de docentes, investigadores e colectivos co obxectivo de crear un espazo de debate acerca das novas posibilidades, usos e construcións da cultura contemporánea.

José María Mesías Lema é profesor de Educación Artística na Universidade da Coruña. Desde o Vicerreitorado de Estudantes e Cultura da universidade, impulsou un novo concepto expositivo e de intervención artística na sala Normal. Entre as súas publicacións destaca o volume Educación artística sensible. Cartografía contemporánea para arteeducadores, unha análise das súas experiencias con educadores ao longo dos anos.