Publicación

Javier Codesal. El Ogro

Entre xullo e setembro de 2019, a Fundación Luis Seoane acolleu a exposición Javier Codesal. El Ogro, un proxecto comisariado por Carlos Copertone realizado no marco do festival Atlantic Pride. A mostra centrábase na instalación El Ogro realizada polo artista visual e poeta Javier Codesal (Sabiñánigo, Huesca, 1958), coa que o creador realiza unha reflexión acerca do desexo, o amor, a atracción e outras características relacionadas coa poética das relacións sexuais.

Neste arquivo de audio, a comisaria de exposicións Sonia Fernández Pan entrevista a Javier Codesal con movito da celebración da exposición.