Publicación

Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo. Xosé Manoel Núñez Seixas [arquivo de audio]

A segunda sesión do Grupo de Estudos Galicia e o decolonialismo contou coa presenza do historiador Xose Manoel Núñez Seixas. Na súa conversa A nación, suxeito adaptativo, recollida neste arquivo de audio, o autor céntrase no concepto de soberanía co obxectivo de analizar se é posible falar dun tránsito entre a idea de hard sovereignty e unha soberanía blanda, en tanto hai unha perda do seu dominio e alcance. A internacionalización do nacionalismo, un dos puntos que fóron tratados co sociólogo Ramón Grosfoguel na sesión inaugural do Grupo de Estudos, é outro dos aspectos que se abordan nesta conversa.

M. Núñez Seixas é Doutor en Historia Contemporánea polo IUE de Florencia. Tras desempregar o seu labor docente na universidade Ludwig-Maximilian de Munich, na actualidade é catedrático desta disciplina na Universidade de Santiago de Compostela. No ano 2019, a súa obra Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 obtivo o Premio Nacional de Ensaio. Foi investigador e profesor convidado en varias universidades europeas e americanas como París X, City University of New York, Verona ou Stanford. É autor de varias monografías, entre as que destacan as recentes The First World War and the Nationality Question in Europe (Leiden/Boston, 2020), da que é editor; e The Sites of the Dictators (Londres, 2021, no prelo). Publicou numerosos artigos en revistas internacionais e colabora habitualmente en diversos medios de comunicación. Actualmente é vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

Para máis información: Grupo_de_Estudos.pdf

Arquivo do proxecto: grupodeestudos.tumblr.com